24/10/11

¿Pero que cojo&%$? Especial Halloween: A Casa do Demo

Galicia sempre foi unha terra chea de misterios e lendas. Contos enraizados no mais profundo da nosa terra, historias que foron pasando ao longo dos séculos polo maxín popular. Historias que se foron perdendo e das que agora só podemos intuir uns simples retazos. A santa compaña, o lobishome, as meigas... quedan hoxe relegadas a un xogo, a simples sombras que apenas atemorizan.
Pero non todas as historias vanse olvidando, pois os seguintes feitos deixaron unha profunda marca nesta terra. Uns sucesos vividos, documentados e todavía recordados que tiveron lugar na nosa terra, onde tiveron lugar uns auténticos sucesos paranormais que inda hoxe non teñen explicación. Pasa, pois, a coñecer a Casa do Demo.


Corría o ano 1900. En Allóns, preto da Coruña, a anciá Juliana Rodríguez acudía deseperada ao párroco Don Juan Antonio Combarro. Facía un ano que morrera o seu marido, e algo decíalle que a súa presenza aínda non abandonara a casa labrega na que residían. Así pois, relatoulle o acoso ao que eran sometidas tanto ela como a outra habitante da casa, a súa neta María Cundín, por parte dunha presencia. O principio , o propio párroco non críu a Juliana, creendo que eran desvaríos propios da idade. Pero a anciá resultou realmente insistente, e o cura finalmente accedeu a bendecir a casa.
E aquí xa chegamos a parte documentada. Aínda se conservan cartas e escritos de Don Juan relatando o vivido na casa. Nun deles, o cura relatavalle ao periodista santiagués Prudencio Landín as experiencias das que foi testigo: A aparición, sen explicación algunha, de varios obxetos diante súa, pedras, patacas, mangos de paraugas dos que non se tiñas constancia que estiveran previamente dentro da casa. A maioría das experiencias vividas polo párroco perdéronse co paso do tempo, pero cabe destacar que nunca máis atreveuse a pisar a casa.

As semanas foron pasando, e os feitos íbanse agrabando. Os veciños eran testigos como ambas mulleres sufrían ataques cada vez máis fortes. Os xornáis prácticamente recollían día a día o que sucedían na casa. Incluso o Cardenal Herrera ordenou unha comisión de investigación. Pero a realidade era que ninguén podía axudalas. Os veciños, e otras personalidades cuya credibilidade es (era) bastante fiable (coma o notario da comarca,Don Severiano Mesías, que presenciou el mesmo algúns dos sucesos) deron fe con cartas e escritos que aínda se conservan.
Ante os ollos destas persoas, ademáis da aparición inexplicable de obxetos, tiveron lugar os feitos realmente acolloantes. As pocas semanas de iniciarse estos fenómenos, as mulleres empezaron a sufrir agresións físicas por parte de algo que nadie parecía ver nin sentir. A anciá e a neta eran agarradas polos pelos, zarandeadas, arrastradas pola casa, como si unha mán invisible lle tirase do pelo. Ambas mulleres recibían empuxóns e bofetadas que as deixaban marcadas, e eran empurradas con extrema violencia contra as paredes. Numerosos testigos presenciaron este acoso, sen poder facer nada, salvo contar o que vían. Os veciños deronlle o nome polo que agora se coñece: A casa do demo.
Pese a que tanto Julia coma María aguantaron estoicamente o acoso, Este non fixo máis que empeorar. As mulleres comezaron a verse inmobilizadas nas súas camas, sentindo coma unhas máns invisíbles tocaban os seus corpos, según relataban, dunha manera sexual. Un día, a situación chegou ao límite. Juliana estaba cun veciño, cando empezou a oir os gritos da súa neta, procedentes da cociña, onde unha corda enrolábase ao redor do cuello da moza. Unha forza invisible parecía tirar de ambos lados, ahogando a María. Apiques estivo de morrer afogada, pero a axuda da anciá e do veciño evitaron o fatal desenlace.
Ante esta situación, deciden deixar a casa, sendo acollidas polos amigos da localidade.Desde o instante en que abandonaron a casa, os sucesos estranos remitiron hasta desaparecer. Pese a isto, a vivenda quedou marcada de por vida coma a Casa do Demo, e así se lle coñece hasta os nosos dias. Das protagonistas destas actividades, pouco máis se supo. Juliana morreu nunha casa veciña ao pouco de huir (debido a idade) e cando isto sucedeu, a súa neta, María, emigrou aos Estados Unidos, onde se a súa pista se perde.
A casa, mais de 100 años despois, aínda mantense en pé, impedindo aos veciños olvidar esta terrorífica historia. Os máis vellos de Anllóns aínda recordan coma os seus pais relataban, asustados o acontecido, pese a que non se volveu a manifestar ningunha cousa estrana.

Hoxe en día e posible visitar a casa do Demo. Tras 100 años inhabitada, fai 7 años foi adquirida por un galego afincado nos EEUU comprou a casa, ignorante dos feitos. Restaurouna, e actualmente é unha casa rural na que non ocorre nada extraordinario, onde se pode pasar un tranquilo fin de semana.
Coma remate deste Especial Halloween (Samaín para os máis castizos) deixoos un reportaxe feito polo amigo Iker Jimenez sobre esta aterradora historia. Por certo, unha pequena reflexión: resulta realmente inquietante os paralelismos entre esta historia, ocurrida preto nosa fai tanto tempo, coas películas que ayer reseñábamos. Como diría Iker, sobrecojedor, señores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada